Antes que nada dicir que a mecánica cuántica é unha mecánica profundamente arquitectónica, de aí o meu particular interese por ela, na medida en que se basea en arrincar unha historia a unha nube de elasticidade, de relacións ou de posibilidades.
Moitas veces á mecánica cuántica atribuénselle propiedades fantásticas ou cuasi-máxicas, mais toda a maxia da mecánica cuántica estriba ou apoiase no feito de que a elasticidade sempre constrúe xerando unha topografía de tal xeito que a realidade convírtese, nalgúns casos máis ca noutros, nunha historia arrincada a unha nube de probabilidades ou de posibilidades, a elasticidade ten vida propia pese a que isto non gosta moito ós físicos ou non o acaban de entender de todo ben.

Preguntarse se o gato de Schrodinger está vivo ou morto ao mesmo tempo ten a mesma profundidade intelectual e filosófica que preguntarse se o teu veciño da aldea que emigrou a Londres está vivo ou está morto, pois ata que non tes noticias del non o sabes. Outro dos fenómenos cuánticos que está rodeado dunha auréola de maxia e de misterio é o famoso entrelazamento cuántico que ao igual que a propia mecánica cuántica basea a súa maxia no feito anteriormente sinalado de que a elasticidade sempre constrúe xerando unha topografía, isto é, a elasticidade ten a capacidade de imaxinar, de crear futuros e de compartir información, de tal forma que cando determinamos unha cousa podemos determinar outra aínda que estea separada milleiros de kilómetros. Neste senso dedúcese unha importante consecuencia do entrelazamento cuántico e é que a elasticidade simplemente "é" e non entende de distancias. Deste xeito o misterio que acompaña ó fenómeno do entrelazamento cuántico ten a mesma profundidade intelectual que cando ti compartes certa información na túa vida cotiá que che permite construír futuros e imaxinar e mesmo chegar a saber que cando ti estás ceando e determinas unha medida, automáticamente podes tamén saber que a túa parella ou o teu familiar ou o teu amigo está saíndo do traballo aínda que vos separen milleiros de kilómetros de distancia.
Evolutivamente falando o entrelazamento cuántico tamén está presente na natureza entre especies aparentemente separadas e distanciadas no tempo e no espazo, de tal xeito que cando nunha delas determinas un rasgo tamén estás a determinar un rasgo na outra especie e todo porque comparten información e imaxinación nunha nube "virtual" de relacións bioquímicas. É o caso, por exemplo, dos pitiños de paxaro que reproducen na súa penuxe a cor dunha eiruga moi velenosa ou noutros moitos casos onde as propiedades dos sistemas ecolóxicos están interconectadas nunha especie de "nube virtual" de relacións bioquímicas.

¿Realmente existe o imaxinado? Ante esta pregunta moi habitual a resposta sería; non e si, o imaxinado non existe, son cousas túas, dicimos coloquialmente, un modo de existencia cuasi-virtual ou semi-virtual, mais e con todo, o imaxinado ten a capacidade de influír na túa historia vital e mesmo o podes arrincar desa nube virtual ou desa topografía e traelo cara a realidade, cara a túa liña ou historia vital tal e como postula a mecánica cuántica ou tal que foses unha tecedora. Entón dicimos de forma coloquial que os desexos fanse realidade. Xa que logo podemos inferir que tamén a nivel macroscópico a realidade, o observable, o tanxible é unha historia arrincada a unha nube de relacións porque a elasticidade sempre constrúe xerando unha topografía, pasados que constrúen futuros e futuros que constrúen pasados. O concepto de realidade é un concepto heterodoxo, difuso e téxtil, con existencias de diferente tipo ou a diferente nivel. A elasticidade constrúe historias dende a fractalidade e repite a mesma arquitectura nun electrón, nunha árbore, nunha pirámide, no cerebro ou mesmo no proceso de inflación cósmica.
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
No hay comentarios:
Publicar un comentario