lunes, 8 de mayo de 2023

Apéndice á philosophiae zoologica quantica

 

Mermar ou exacerbar fractalidades para buscar a adaptabilidade permítenos explicar o mimetismo e a camuflaxe. A fractalidade, se está nas súas mans, nos seus pasados e polo tanto nas súas posibilidades, sempre busca a maior adaptabilidade. É a vontade divina da elasticidade que sempre constrúe. A fractalidade exacérbase buscando a máxima adaptabilidade co medio e coa contorna, coma o pezuño dun ungulado, e do mesmo xeito un insecto palo ou unha mantis flor.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Outras veces a fractalidade exacérbase, coma outro mecanismo de defensa calquera, coma un corno ou coma un aguillón ou coma un pincho nunha planta, para aparentar ser un becho máis grande do que un é na realidade.
 
 
 
 
E outras veces as fractalidades desenvólvense nun entorno ou nunha vida totalmente ás escuras, nas fonduras das tebras, onde reina a escuridade máis absoluta e onde habitan as augas do Nun, da plasticidade e do mal. 
 
 
 
 
 
 
A ciencia do volume xera dous estados diferenciados ou maniqueos, por un lado un estado de excitación e por outro lado un estado de represión ou cohibición por contacto que dende un punto de vista ontolóxico tradúcense en dous tipos de emocións, isto é, emocións exacerbadoras (ledicia, ira, metástase) e emocións mermadoras (medo, tristura, apoptose). As emocións son potentes catalizadores para mermar ou exacerbar fractalidades, a ledicia o medo ou o estrés xogan un importante papel dende o punto de vista ontolóxico. As emocións son a parte máis animal, primitiva e fonda de nós, os animais e tamén as plantas son todo emocións. Por norma xeral, a ledicia e a ira son emocións exacerbadoras namentres que o medo e a tristeza son emocións mermadoras ou cohibidoras. A ira e o estrés, e tamén o medo, como emoción secundaria ou causal, ten a capacidade de exacerbar fractalidades como a pelaxe erizada das hienas ou os numerosos saíntes puntiagudos dos dinosaurios. Noutros casos a ira e a agresividade dos machos (de quen percibe pero descoñece, dende un punto de vista darwinista, e considera que a lei do máis forte é o motor da evolución) é a causa do destacado dimorfismo sexual (fractalidades exacerbadas) tanto en aves como en mamíferos. No caso das aves femias, o medo ou a timidez de quen ten que chocar os ovos con coidado e protexer a prole dos seus depredadores serve para mermar fractalidades, dando lugar a plumaxes moito menos vistosas e máis camufladas.
Os seres vivos, amais do seu propio cerebro, eles mesmos son auténticos cerebros onde as emocións xogan un papel destacado, e polo que o estudo da evolución sería máis unha cuestión de psicoloxía e de psicólogos. Á fin e ao cabo o cerebro non deixa de ser un "álter ego" do organismo deseñado, baseándose na fractalidade que constrúe futuros, para xerar conductas de adaptabilidade, o cerebro non deixa de ser unha máquina deseñada para exacerbar e mermar fractalidades como o son os seres vivos, tamén plantas e animais. Resumindo, nin a selección natural nin as mutacións azarosas son o motor da evolución, a evolución é puro equilibrio entre un principio inhibidor e un principio exacerbador segundo as necesidades e as emocións, ó máis puro estilo lamarckista. Repito y subrayo, la selección natural no es el motor de la evolución.
Os animais, aínda que profundamente hedonistas, perciben pero descoñecen (gnose-masonería e aínda sendo así teño as miñas dúbidas) por iso son darwinistas-fascistas e por iso o fascismo detesta e odia tanto á masonería, o darwinismo é a teoría ou o aditivo ou o mellorante da evolución que favorece aos máis favorecidos, esa é a súa única aportación, por outro lado unha obviedade de tipo financista xa defendida por Lamarck no seu momento. É ben sabido que cando unha estrutura ten unha parte en risco de colapso, a propia estrutura reacomódase para favorecer as partes máis resistentes da mesma, ergo a elasticidade sempre constrúe (mecánica cuántica). A evolución é un proceso de transformación máis rápido do que se adoita a crer, onde existen estadios transitorios ou intermedios onde a inclemente selección natural, mutante e darwiniana, brilla pola súa ausencia. O mundo, o universo, a vida bascula sempre entre dous polos maniqueos, entre a elasticidade da orde e a plasticidade do caos, que se traduce nun principio exacerbador ou vontade divina da elasticidade que sempre constrúe e nun principio inhibidor de mínima enerxía ou de máxima entropía.
Mesmo foi preciso estudar arquitectura para descubrir esa "vontade divina" na que a elasticidade sempre constrúe e que se lle escapa aos físicos, e é por iso polo que non entenden a mecánica cuántica. Os arquitectos estamos fartos de ver como as estruturas xeran futuros e como eses futuros volven cara atrás para reorganizarche novamente os esforzos e os momentos da estrutura (o afamado método de Cross).
Con todo, a realidade, por sorte e evolutivamente falando, é dual e excluínte, pero soamente unha parte ten a capacidade para matar á outra, á outra só lle queda a opción de defenderse, ou o que é o mesmo constrúes mentres te deixen ou se te deixan, nunha sorte de equilibrio continuo. Deste xeito a existencia, a vida e a evolución mana ou agroma dunha sorte de equilibrio entre a nada que diverxe e a nada que converxe, entre un infinito que diverxe e un infinito que converxe, entre a elasticidade que constrúe sen fin e a plasticidade que se desfai e flúe sen fin.
 







 
 

 
 
 
 

Toda migración constitúe un pasado que constrúe un futuro pero, segundo o principio de reciprocidade ou reversibilidade inherente ou consubstancial á vida, ese futuro de maneira simultánea ten a capacidade de construír tamén un pasado, e é por este motivo polo que as aves migratorias saben regresar cando migran.
 
 
 
 
 
 © Marcos Castro Vilas, arquitecto