lunes, 22 de enero de 2024

Metástase II_Crecemento e xemas de floración en frutais


                                         https://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%A1mbium

 

Sen poda, o crecemento anual e de borde da árbore froiteira excita e fai migrar "dende o núcleo" a xema de floración (célula-nai ou embrionaria) correspondente a ese crecemento e que se situará tamén no lugar de borde que lle corresponde segundo ese crecemento e que desembocará nunha flor para o ano seguinte. Cada flor supón unha nova fractalidade, unha nova construción (metástase), unha vontade elástica de ser. Sen metástase non habería froita.
As especies de plantas son diferentes unhas das outras do mesmo xeito que as persoas somos diferentes unhas das outras porque temos diferente carácter ou personalidade ou diferente constitución moitas veces como consecuencia da nosa diferente interacción co medio ambiente e tamén froito da antedita vontade elástica de ser, e é en función destas diferenzas que as florescencias son tamén diferentes nunhas plantas con respecto ás outras, pois as flores non deixan de ser "híbridos xenéticos ou de xenes", rozando a sexualidade cuasi-celular, entre células-nai da planta que son migrantes e que poden dar orixe ás xemas apicais, as follas ou as flores mesmas, e os xenes verdes das células vexetais propias da planta que aportan o crecemento e o desenvolmento fractal da flor, xa que logo ou daquela, o carácter da planta. A flor non deixa de ser unha nova fractalidade que responde ás leis da vontade elástica de ser, un "híbrido xenético cuasi-celular", unha folla maqueada ou tuneada por unha serie de xenes con diferentes funcións que interactúan ou se mesturan cos xenes vexetais e verdes de crecemento das follas e dos talos.
O cancro está relacionado coa arquitectura arbórea que levamos no noso interior, coas células do cambium exitentes ao longo do tronco da planta con función reparadora grazas a todo o seu potencial de futuros e relacións químicas para recompoñerse e reorganizarse ante calquera imprevisto químico, polo que engadir máis química a este tipo de células non é a mellor opción. Mellor a cohibición e a concavidade.


 


Coa poda é a mesma cuestión só que as xemas de floración están máis preto unhas das outras e cambia a xeometría da árbore.



Es como una pirámide


          https://mmegias.webs.uvigo.es/1-vegetal/v-imagenes-grandes/meristemo_primario_caulinar.php






© Marcos Castro Vilas, arquitecto

 

martes, 16 de enero de 2024

Desmontando a mecánica cuántica

 
 
 
Antes que nada dicir que a mecánica cuántica é unha mecánica profundamente arquitectónica, de aí o meu particular interese por ela, na medida en que se basea en arrincar unha historia a unha nube de elasticidade, de relacións ou de posibilidades.
Moitas veces á mecánica cuántica atribuénselle propiedades fantásticas ou cuasi-máxicas, mais toda a maxia da mecánica cuántica estriba ou apoiase no feito de que a elasticidade sempre constrúe xerando unha topografía de tal xeito que a realidade convírtese, nalgúns casos máis ca noutros, nunha historia arrincada a unha nube de probabilidades ou de posibilidades, a elasticidade ten vida propia pese a que isto non gosta moito ós físicos ou non o acaban de entender de todo ben. 
Preguntarse se o gato de Schrodinger está vivo ou morto ao mesmo tempo ten a mesma profundidade intelectual e filosófica que preguntarse se o teu veciño da aldea que emigrou a Londres está vivo ou está morto, pois ata que non tes noticias del non o sabes. Outro dos fenómenos cuánticos que está rodeado dunha auréola de maxia e de misterio é o famoso entrelazamento cuántico que ao igual que a propia mecánica cuántica basea a súa maxia no feito anteriormente sinalado de que a elasticidade sempre constrúe xerando unha topografía, isto é, a elasticidade ten a capacidade de imaxinar, de crear futuros e de compartir información, de tal forma que cando determinamos unha cousa podemos determinar outra aínda que estea separada milleiros de kilómetros. Neste senso dedúcese unha importante consecuencia do entrelazamento cuántico e é que a elasticidade simplemente "é" e non entende de distancias. Deste xeito o misterio que acompaña ó fenómeno do entrelazamento cuántico ten a mesma profundidade intelectual que cando ti compartes certa información na túa vida cotiá que che permite construír futuros e imaxinar e mesmo chegar a saber que cando ti estás ceando e determinas unha medida, automáticamente podes tamén saber que a túa parella ou o teu familiar ou o teu amigo está saíndo do traballo aínda que vos separen milleiros de kilómetros de distancia.
Evolutivamente falando o entrelazamento cuántico tamén está presente na natureza entre especies aparentemente separadas e distanciadas no tempo e no espazo, de tal xeito que cando nunha delas determinas un rasgo tamén estás a determinar un rasgo na outra especie e todo porque comparten información e imaxinación nunha nube "virtual" de relacións bioquímicas. É o caso, por exemplo, dos pitiños de paxaro que reproducen na súa penuxe a cor dunha eiruga moi velenosa ou noutros moitos casos onde as propiedades dos sistemas ecolóxicos están interconectadas nunha especie de "nube virtual" de relacións bioquímicas.
¿Realmente existe o imaxinado? Ante esta pregunta moi habitual a resposta sería; non e si, o imaxinado non existe, son cousas túas, dicimos coloquialmente, un modo de existencia cuasi-virtual ou semi-virtual, mais e con todo, o imaxinado ten a capacidade de influír na túa historia vital e mesmo o podes arrincar desa nube virtual ou desa topografía e traelo cara a realidade, cara a túa liña ou historia vital tal e como postula a mecánica cuántica ou tal que foses unha tecedora. Entón dicimos de forma coloquial que os desexos fanse realidade. Xa que logo podemos inferir que tamén a nivel macroscópico a realidade, o observable, o tanxible é unha historia arrincada a unha nube de relacións porque a elasticidade sempre constrúe xerando unha topografía, pasados que constrúen futuros e futuros que constrúen pasados. O concepto de realidade é un concepto heterodoxo, difuso e téxtil, con existencias de diferente tipo ou a diferente nivel. A elasticidade constrúe historias dende a fractalidade e repite a mesma arquitectura nun electrón, nunha árbore, nunha pirámide, no cerebro ou mesmo no proceso de inflación cósmica.


 
© Marcos Castro Vilas, arquitecto


 
 

Estructura de vacío

 
 
Autor: koto_feja
 
 
El vacío tiene estructura que permite que las cosas y la materia tengan consistencia. Cuando colocamos una silla en un espacio vacío, la propia estructura de vacío la ancla en el mismo vacío con millones de chinchetas o de fuerzas de acción-reacción, de tal forma que cuando movemos una silla tenemos que ir arrancando cada una de esas chinchetas o anclajes que anclan la silla al vacío y somos conscientes de la magnitud de la masa de la propia silla. De este concepto deriva el concepto de gravedad y el concepto de campo de Higgs, de tal forma que la Tierra está anclada a la estructura de vacío y debido a su enorme masa llega incluso a deformar la estructura de vacío generando la conocida fuerza de gravedad que se convierte de este modo en una propiedad emergente de un mecanismo estructural que se repite tanto en las partículas más pequeñas (electrones, protones) como en los planetas más grandes y es en este anclaje a la estructura de vacío en el cual se basa el concepto del bosón de Higgs. Siempre creí que la materia y la existencia vascula o emerge de la lucha entre dos principios contrapuestos que chocan entre sí, entre dos principios de acción y reacción que buscan un equilibrio y una estabilidad convergente como cuando apoyamos nuestra mano en la pared y no nos caemos porque  la pared está ejerciendo un esfuerzo contrario de igual magnitud, pues de igual manera actúa la estructura de vacío. Resulta fácil pensar ahora que si existe una estructura de vacío es porque también existe un estado contrario de ausencia de estructura de vacío y que tiene la capacidad de generarlo, una realidad plástica y fluyente, la nada, que en su discurrir infinito y divergente tiene la capacidad de generar convergencias infinitas, esto es, elasticidad y estructura de vacío, que al ser una realidad elástica es relativa.



© Marcos Castro Vilas, arquitecto