jueves, 14 de mayo de 2020

METÁSTASE




 
Tendemos a considerar e a loitar contra o tumor como se fose un todo, coma se fose un brinde ó sol, que o é tamén, pero fundamentalmente o tumor é unha realidade altamente xerarquizada que é consecuencia do modo de construción tumoral, na medida en que o bordo modifica o interior, e viceversa, o interior ou núcleo do tumor modifica o bordo tumoral. O tumor, coma toda forma de existencia, coma toda nova realidade, é unha entidade elástica que posúe a súa propia orde interna froito dunha dinámica interna e dunha construción elástica e ordenada, en certa medida. 
Xa que logo, podemos distinguir a grandes rasgos dúas poboacións de células tumorais diferentes, unhas células de bordo que aportan volume co seu desprazamento de bordo e unhas células do núcleo ou células-nai tumorais que rexistran dende un punto de vista topográfico o volume que aporta ese bordo. Estas células-nai tumorais son un rexistro topográfico de todo o que acontece espacialmente no tumor, de todo o tocante ó volume que se xera no bordo do tumor en cada etapa de crecemento. O núcleo do tumor acumula toda a información espacial que xera o bordo do tumor con moi poucas células no devandito núcleo, coma o hipocampo. O posterior crecemento ou desenvolvemento xerarquizado do tumor e dos embrións prodúcese en base a esa información topográfica baseada no volume e no espazo. O espazo como fonte de información topográfica, o espazo como maneira de construir de forma ordenada en base a paquetes de volume. Deste xeito poderiamos explicar a metástase como un aumento de volume interno das células-nai metastásicas, coa conseguinte excitación das mesmas e o posterior aumento da súa movilidade coa activación e expresión de certos xenes chamados snail. É a maneira de crecemento e de deseño xerarquizado dos embrións, é a maneira de funcionar do cerebro (memoria), é a maneira de funcionar do aparato reproductor (aumento de volume, excitación, exaculación), é tamén a forma de crecemento das árbores cando as podamos e recuperan a forma primixenia en función da información espacial amoreada no seu núcleo ou cando reverdecen na primavera ou dan froito no verán. Sen metástase non habería froita nas árbores. O cambium das plantas responde ou explícase dende esta dinámica de crecemento ou desenvolvemento. E tamén as flores explícanse dende esta mesma dinámica e serían fractalidades exacerbadas que teñen a súa orixe na fusión ou hibridación de dous tipos celulares diferentes, e deste xeito cada tipo de planta, atendendo a súa esencia e natureza, da orixe a unha florescencia ou fractalidade diferente, e pola forma ou apariencia externa dunha flor podemos saber se unha planta está cohibida ou non. ¿Son as flores unha hibridación sexual que desenvolve unha fractalidade mesturada?¿É a fagocitose ou endocitose unha precuela ou unha secuela dunha hibridación sexual? 
Resumindo, o tumor, coma toda forma que posúe vontade de existir, coma toda forma deliberada por manter a construción natural, é unha realidade elástica e recíproca, e é precisamente por isto polo que se desata a metástase. Neste senso, podemos entender o crecemento tumoral como un vaivén rítmico e repetitivo no bordo tumoral, de arriba hacia abaixo, que provoca un aumento interno de volume, coa conseguinte excitación das células metastásicas que desencadea o seu desprazamento e a súa expulsión.
 
Calquera proceso tumoral representa unha nova fractalidade, unha vontade de ser, e unha nova fractalidade ou reiteración representa retrotransposones ó poder. As supostas mutacións anárquicas, aberrantes ou desordenadas dos tumores son retrotransposones que estoupan coma un "peta-zeta" para xerar unha nova reiteración ou fractalidade. 

O cancro é unha cuestión dinámica, cinética ou espacial e a lonxitude dos telómeros é a testemuña desa nova dinámica ou cinética tumoral adoptada pola nova reiteración ou fractalidade, do mesmo xeito que a apoptose é unha consecuencia dunha dinámica celular diferente. Que as baleas e os elefantes (metabolismo lento) e os tiburóns (coláxeno) apenas padezan cancro dános pistas de cales son as principais variables que inflúen na cinética ou dinámica celular do noso corpo para evitar o cancro. Neste senso o cancro de cartílago so precisa mutar o xen do coláxeno para desenvolverse e progresar. As mesmas células do corpo son sabedoras de que a vida ten que ser aburrida para que a mesma vida cos seus momentos de diversión sexa posíbel e viábel.


METÁSTASE E DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO

O desenvolvemento embrionario, coma todo, baséase na reciprocidade, na medida en que o bordo (espazo) modifica ou "migra" cara o "núcleo", e onde o "núcleo", coa información espacial adquirida, desprázase de novo cara o "bordo", de onde é orixinario, coma os migrantes ou coma unha empresa que medra.
O desenvolvemento embrionario ou o crecemento embrionario ten como finalidade dotar dunha "canle alpha de photoshop" ás células nai internas, unha "canle alpha" que consiste nun mapa de coordenadas espaciais e topográficas do que carecen. Aínda que o pareza, non é o mesmo que o bordo modifique o interior e viceversa a que o interior modifique o bordo e viceversa. No primeiro caso reside a maxia da xeometría fractal. Neste senso, isto explica por que todas ou case tódalas follas das árbores teñen unha punta, unha punta dende a cal se produce un fluxo ou desprazamento de bordo, dende arriba cara abaixo, e que provoca un aumento de volume nas diferentes partes das follas, dando lugar a súa diversidade formal.
 
O volume marca o compás do desenvolvemento embrionario e do cáncer da seguinte maneira ou protocolo:
 
Forma primixenia
1) vaivén rítmico de arriba hacia abaixo no bordo  
2) aumento de volume no interior
3) excitación e cambio de comportamento
4) adquisición de movilidade
5) migración

Forma evolucionada:
1) vaivén rítmico de arriba hacia abaixo no bordo
2) aumento de volume no interior
3) cambio-mutación e creación dunha "glándula"
4) secreción-migración
5) maduración do bordo
 
As mutacións son a expresión ou a testemuña dun proceso en curso pero non a causa primeira ou a orixe. É a linguaxe do volume e hai que buscar a química dese idioma baseado no volume. A misión das células do "núcleo" do tumor é mutar para xerar unha "glándula" ante os cambios e as sinais químicas do entorno, sobre todo de natureza espacial (volume), polo que a súa capacidade para mutar persé ante "obstáculos" do entorno é enorme. Ao mellor non o estamos facendo todo o ben que deberamos, cómpre psicoloxía para o cancro, se xa sabemos que o tumor é un ente pensante por que non se actúa na parte oculta e cóncava da cohibición, nesas mutacións que pasan desapercibidas, moitas delas inductoras da apoptose. O cancro entende a quimioterapia como un obstáculo ó que facer fronte porque a súa función é mutar para construír ante calquera estímulo químico ou físico, nada de mutacións azarosas e darwinismo selectivo. Dígoo por esas enzimas que xera o propio tumor para arranxar o ADN que esnaquiza a quimioterapia. Aínda que en termos finalistas é o mesmo en esencia non o é. A función do tumor é mutar e pode chegar a entender a quimioterapia como un estímulo químico unha vez superados os efectos nocivos que ten para o tumor. Non hai tal mecanismo de selección darwiniano, as células do tumor queren xerar unha glándula que segregue cousas e no seu defecto migran, é un estadio primixenio á glándula, un nodo de reverberación herdado do desenvolvemento embrionario que se rexe polo volume. Neste senso se ti tes un fillo ou unha filla que quere ir a un concerto de música, podes atacar a convexidade e dicirlle que non, o cal vai xerar as previsibles resistencias, ou traballar de forma indirecta a concavidade-apoptose-cohibición mediante  a sutil suxestión, coma unha meiga, e suxerir que vai chover ese día ou que o pantalón ou a camiseta do concerto está na lavadora.

A realidade, por sorte e evolutivamente falando, é dual e excluínte, pero soamente unha parte ten a capacidade para matar á outra, á outra só lle queda a opción de defenderse, ou o que é o mesmo constrúes mentres te deixen ou se te deixan, por iso cando un tumor ou o cancro desenvolve unha fractalidade ten necesariamente que desactivar as chaves da cohibición e son esas mutacións da beira escura da cohibición onde hai que actuar e volvelas a activar de novo para acadar unha terapia exitosa contra o cancro. Deste xeito para que un cancro se desenvolva hai que apagar as chaves da cohibición, e supoño que para que entre en remisión haberá que facer o contrario, acender as chaves da cohibición.




Ó final o proceso metastásico é como a dinámica interna dunha empresa, por exemplo, nós podemos ter unha empresa en Alemaña con un negocio de bordo en Uruguai. Ese negocio de bordo excita ós traballadores xermanos responsables dese área, se o negocio se incrementa a excitación e a carga de traballo para os traballadores xermanos é moito maior ata o punto de que algúns traballadores dese área deciden desprazarse e abrir unha sucursal no Uruguai, ¿e como saben a onde ir? pola relación inicial que mantiveron co bordo uruguaio, isto é, volume en forma de chamadas, facturas con direccións, etc...É unha cuestión cinética e espacial. No caso que nos atinxe da metástase, supoño que esas relacións veñen ou xa se estableceron na etapa embrionaria.
 
 






Para comprendelo mellor e imprescindíbel a lectura do seguinte enlace do meu blogue sobre o modo de construción das pirámides:

 
 
Outros enlaces de interese:
 
   
   
 
https://www.elimparcial.es/noticia/180245/sociedad/descubren-una-nueva-forma-de-frenar-la-metastasis-en-el-cancer-de-pulmon.html
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Por © Marcos Castro Vilas, arquitecto.










No hay comentarios:

Publicar un comentario