As de Xano
Onde ti ves unha partícula o unha célula, eu vexo unha nube de elasticidade, unha nube que abrangue futuros posíbeis e tamén pasados, e coma un cerebro, igual ca mente humana, autoxestiónase entre o pasado e o futuro para obraren de maneira axeitada no presente, tal que o deus Xano.
As células amorean pasado en forma de elasticidade pero ó mesmo tempo esa mesma elasticidade é a que constrúe futuros posíbeis para as células, que a súa vez tamén constrúen pasados. A existencia presente da célula basease na autoxestión deses pasados que constrúen futuros e deses futuros que constrúen pasados, e ó igual ca un cerebro ou a mente humana, a célula móvese entre o pasado e o futuro para actuaren de maneira correcta no presente.
O bordo do cerebro, a corteza cerebral onde se desenvolven os estímulos sensoriais, modifica o interior e xera unha escena que se acumula en forma de memoria como pasado, en forma de lembranzas, pero ó mesmo tempo o cerebro, a partir dese pasado e desa memoria e deses recordos, ten a capacidade de construír un futuro que proxecta cara a corteza en forma dunha escena ou imaxe futura. Deste xeito o cerebro convírtese nunha realidade elástica e recíproca, outorgándolle ao individuo a capacidade de configurar o seu presente segundo un momento determinado, e en función dese futuro e dese pasado, en función desa nube de elasticidade, ó igual ca no experimento da dobre fenda de elección retardada, o futuro ten a capacidade aparente de modificar o pasado a partir dun instante considerado presente (observación). O futuro ten a capacidade de construír pasados.
O pasado só é pasado a partir dun instante presente considerado (observación) e o futuro constrúese a partir do pasado, é unha construción ou proxección do pasado. Para comprender como o futuro é capaz de modificar o pasado, como o futuro é capaz de construír pasados, só temos que establecer un punto de referencia ou observación na nube de elasticidade. É, entón, a partir de fixar ese punto de observación no interior da nube de elasticidade ou función de onda cando podemos sacar a conclusión aparente de que o futuro é capaz de modificar o pasado, pero realmente o que estamos a facer é arrincar unha historia á función de onda e colapsar a función de onda por medio da observación. Ó establecer un punto de presente estou arrincando unha historia lineal á nube de elasticidade con un pasado e un futuro ben definidos a ambos lados do punto de observación (presente).

A elasticidade na que estamos inmersos constrúe futuros a partir de informaciones pasadas e viceversa, é a reciprocidade divina da que fala Edgar Allan Poe no seu libro Eureka, xerando unha nube de elasticidade ou de probabilidades frente á unidireccionalidade do circuito finito. A física cuántica transforma o cable nunha nube de probabilidades que se vai configurando en cada momento que se considera presente.
A elasticidade, coma as notas musicais, existe e é, non sabe de pasado nin de futuro, é a súa orde lineal nunha partitura a que lle da sentido espacial e temporal, pasado e futuro, xerando unha historia presente da cal somos conscientes, porque, segundo a física cuántica, as traxectorias lineais, as historias, tamén son elasticidade, unha nube de elasticidade que se ve coartada a través da observación que a troca nunha realidade lineal. De feito, a consciencia consiste en arrincar unha historia a unha nube de probabilidades e facela presente. A observación (presente) implica introducir as variables do espazo e do tempo anulando a nube de elasticidade e transformándoa nunha sucesión lineal de feitos ou sucesos con un pasado e un fututo ben definidos a partir dese instante presente. Como dixen con anterioridade, a nube de elasticidade non coñece o pasado nin o futuro, simplemente é, existe, e cando establecemos un punto de observación estamos arrincando ou marcando un pasado e un futuro dentro desa nube de elasticidade, transformándoa nunha historia ou realidade lineal cun pasado e cun fututo ben definido, porque no cosmos as liñas tamén son elasticidade, as historias e as traxectorias, contra todo pronóstico, tamén son funcións de onda que se coartan coa observación.

EDGAR ALLAN POE
Edgar Allan Poe
Os pasados constrúen futuros e os futuros constrúen pasados en base á elasticidade ou á reciprocidade divina da que nos fala Edgar Allan Poe no seu libro Eureka, un poema en prosa, onde a causa e o efecto se intercambian como nunha boa trama novelesca. Parafraseando a Edgar Allan Poe, a existencia non é un brinde ó sol, senón que se fundamenta na reciprocidade mutua, e como nas boas tramas literarias, a causa e o efecto, o pasado e o futuro, confúndense e intercámbianse en base a esa reciprocidade mutua que impide discernir con claridade a causa do efecto e viceversa: "o efecto reacciona sobre a causa". "Pero non só esta adaptación divina é matematicamente exacta, senón que hai en ela o selo do divino para distinguilo das simples obras dos homes. Aludo á total reciprocidade de adaptación. Por exemplo: nas construcións humanas, unha causa particular ten un efecto particular; unha intención particular apunta a un obxecto particular; pero iso é todo; non vemos reciprocidade. O efecto non reacciona sobre a causa; a intención non ten relacións intercambiábeis co obxecto. Nas construcións divinas o obxecto é propósito ou obxecto segundo como resolvamos miralo, e en calquera momento podemos tomar unha causa por efecto ou á inversa, de modo que nunca é posíbel establecer un distingo absoluto entre un e outro". "É imposíbel decidilo. Hai unha absoluta reciprocidade de adaptación". "O pracer que nos proporciona calquera despregadura do enxeño humano é maior canto máis se aproxima a esta especie de reciprocidade. Na construción dunha trama, por exemplo, na literatura de ficción, deberiamos aspirar a dispoñer os incidentes de maneira que non puidésemos determinar, con respecto a calquera deles, se depende de outro ou se o sustenta. Neste senso, a perfección da trama é en realidade, ou na práctica, inalcanzábel, pero só porque a que constrúe é unha intelixencia finita. As tramas de Deus son perfectas. O universo é unha trama de Deus". "Xa aludín á absoluta reciprocidade de adaptación que é a idiosincrasia da arte divina, o selo do divino". "Cunha reciprocidade perfectamente lexítima estanos permitido agora considerar a materia como creada tan só en beneficio desta influencia, tan só para servir ós propósitos deste éter espiritual. Grazas á axuda, aos medios da materia e a súa heteroxeneidade este éter maniféstase, é espíritu individualizado".
A reciprocidade de adaptación non entende de pasado nin de futuro, simplemente é, é a observación a que arrebata unha liña finita á nube de sucesos posíbeis, cun pasado e cun futuro definido, coma se os fututos puideran construír pasados e viceversa. No mundo da elasticidade cuántica, o pasado ten a capacidade de construír futuros probábeis pero o futuro tamén ten a capacidade de construír pasados. É o que Edgar Allan Poe chamou reciprocidade adaptativa ou a trama perfecta de Deus. Dende un punto de vista abstracto, a túa vida pode ser un futuro que está a construír un pasado, aínda que ti o concibas ou o percibas linealmente como un pasado que precede a un futuro. É imposible de discernir, é a trama perfecta da novela. Dende un punto de vista abstracto, é imposíbel discernir se a nosa existencia é un futuro que constrúe un pasado ou un pasado que constrúe un futuro. Para nós é unha liña temporal cun principio e un final e, en función de onde situemos o presente, o anterior será sempre pasado e o posterior será sempre futuro, aínda que dende un punto de vista elástico e cuántico o futuro e o pasado son realidades virtuais intercambiábeis, porque simplemente son. A nosa existencia segue unha liña temporal e espacial que se inicia cando nacemos e remata cando morremos, da que somos conscientes e na cal establecemos o pasado e o futuro pero realmente non temos a capacidade de diferenciar en qué medida a trama de Deus nos afecta nos acontecementos que nos suceden diariamente, se somos vítimas dun pasado ou vítimas dun futuro marcado pola trama de Deus. Dende un punto de vista elástico, o futuro e o pasado son conceptos reversíbeis e intercambiábeis a pesar de que a nosa existencia finita e lineal se reduza a unha frecha espazo-temporal onde o pasado se dirixe sempre cara ó futuro ou onde o pasado antecede sempre ó futuro dende un instante presente. ¿Como podemos discernir, pois, que a sucesión lineal de feitos que constitúen a nosa vida ou a nosa existencia, onde o pasado converxe irremediabelmente cara un futuro, non sexa en realidade un futuro que está construíndo un pasado? A nube de elasticidade é o que ten, que tanto pode ser un pasado que constrúe futuros probábeis como un futuro que constrúe pasados. A efectos de percepción, a nosa existencia será lineal, cun inicio que representa o pasado e unha meta que representa o futuro respecto dun presente actual e todos os feitos que nos acontecen os supeditamos a esa orde lineal, cando en realidade poden obedecer a un futuro que está a construír un pasado contra todo pronóstico, como ocorre coas migracións das crías de cuco dende a península ibérica hacia o continente africano ou cos mecanismos de defensa dos animais ou co curioso deseño do rape abisal, por poñer uns exemplos. Resumindo, a nosa existencia é unha liña do espazo-tempo, unha historia finita, que navega sobre as augas infinitas da reciprocidade ou elasticidade universal e onde nos é imposíbel distinguir se as continxencias diarias pertencen a un pasado que está a construír un futuro ou a un futuro que está a construír un pasado. Non sabemos, pois carecemos de puntos de referencia externos, se a nosa liña vital estase a mover do pasado ó futuro ou do futuro ó pasado. Nunca saberemos se a nosa historia finita, cun principio e cun final, de esquerda a dereita, é un pasado que constrúe un futuro ou é un futuro que constrúe un pasado. Precisamente, a idea de trascendencia da vida radica ou se fundamenta nesa reciprocidade divina na que os pasados constrúen futuros pero os futuros tamén constrúen pasados e a vida convértese, xa que logo, nunha sucesión lineal de acaecementos diarios que abocan a un futuro xa determinado. Vivimos nun entorno elástico que para nada afecta ó noso discorrer vital de esquerda a dereita, dende o nacemento ata a morte. Á elasticidade universal élle absolutamente indiferente a liña direccional do tempo para desenrolarse e desenvolverse, ou viceversa, a liña direccional do tempo, finita, cun principio e cun final, élle totalmente indiferente a elasticidade universal sobre a cal se desenrola. Como dixen anteriormente, navegamos sobre un mar de ondas, un mar de elasticidade recíproca onde o pasado constrúe futuros e o futuro constrúe pasados para traducirse a continuación nunha sucesión lineal e finita de acontecementos vitais que representan a nosa vida, cun principio e un final ben marcado e unha direccionalidade temporal tamén ben establecida. Polo tanto, esta elasticidade recíproca da que estamos a falar non exclúe a nosa elasticidade diaria ou vital senón que unha se traduce na outra ou unha desemboca na outra. Para nada interfire ou é incompatible a direccionalidade lineal e finita da nosa existencia coa reciprocidade da elasticidade universal na cal estamos inmersos e onde os pasados constrúen futuros e os futuros constrúen pasados. Hai existencias que son futuros construíndo un pasado e ti non o podes saber, é o plan de Deus, a trama divina segundo Edgar Allan Poe.
DESEÑO
Proxecto para Auditorio de Verín. Castroferro Arquitectos
Para construíren realidades elásticas co entorno, o futuro ten a capacidade de construír pasados e en base a ese pasado construímos de novo un futuro. Dende un punto de vista da reciprocidade, as migracións das aves ó nacer, a súa terra de orixe, mesmo non habéndoa coñecido, pódese explicar como un futuro que está a construír un pasado aínda que a nós, dende un punto de vista lineal e lóxico, nos pareza un pasado que constrúe un futuro. As aves migratorias coma o cuco se basean no concepto da reciprocidade creativa. As viaxes migratorias de ida e volta das aves pódense entender dende esta dinámica proxectual, dende un pasado que constrúe un futuro e dende un futuro que constrúe un pasado, de tal forma que as viaxes de ida son pasados que constrúen un futuro e as viaxes de retorno, mesmo sen coñecelo, como o caso das crías de cuco, explícanse dende un futuro que constrúe un pasado, ó igual que a mente humana ou o cerebro, onde o pasado proxecta futuros e eses futuros constrúen pasados a través do deseño. Porque no fondo as aves son nubes de elasticidade.
Deste xeito e paradoxicamente podemos considerar o feito de deseñar ou de proxectar como un futuro que constrúe un pasado, e digo paradoxicamente porque a palabra proxectar denota unha direccionalidade clara dun pasado que se dirixe cara un futuro determinado. Analicemos este feito no acto da creación, no deseño; o pasado constrúe un futuro e ese futuro imaxinado e virtual modifica "aparentemente" o pasado, constrúe un pasado que nos leva directamente a ese futuro, á creación do obxecto imaxinado nese futuro virtual pero que existe. Así funciona tamén a natureza. O proceso de deseño sería o seguinte; mediante o pasado, información amoreada no pasado, construímos un futuro, ideamos un futuro, imaxinamos o obxecto que queremos crear. Todo isto dende a virtualidade que nos brinda a elasticidade universal. A partir dese futuro modificamos "aparentemente" o pasado, a partir dese futuro concibido construímos un pasado, neste caso o proceso de creación do obxecto propiamente dito que nos levará á materialización do obxecto imaxinado no futuro, e deste xeito regresamos de novo a ese futuro ideado a través dun obxecto construído no pasado. Así se crea, se constrúe e se deseña na natureza.
O cerebro ó ser un sistema dentro do sistema dótanos de perspectiva e podemos distinguir as viaxes entre o pasado e o futuro, pero na vida, ó estar somerxidos nela, non podemos discernir de que maneira e en que medida nos afecta o pasado e o futuro. Quizais a diferencia entre o cerebro e a reciprocidade divina é que no cerebro ó posuír un punto de referencia externo podemos chegar a diferenciar entre o pasado e o futuro namentres que no outro caso, ó viviren inmersos na elasticidade universal, non somos conscientes en que medida nos afecta o pasado e o futuro e percibimos un presente que nos parece máxico. É como cando somos espectadores dunha obra de teatro de marionetas, sentados no patio de butacas carecemos de perpectiva e todo o que ocorre no escenario parécenos máxico. Se mudamos o punto de referencia e nos trasladamos ó backstage poderemos observar e comprender con claridade toda a maquinaria creativa de deus, que é a elasticidade. O cerebro é un sistema elástico fóra de ti polo que podemos chegar a comprender como funciona pero cando ti formas parte do sistema elástico, porque os seres vivos son elasticidade, resulta imposible comprender tanta reciprocidade creativa porque estás dentro do sistema. O cerebro é un sistema cun punto de referencia externo, é un sistema dentro do sistema e por iso o entendemos e entendemos as cousas que creamos e que deseñamos, pero cando ti es o propio sistema non comprendemos por que nos pasan as cousas que nos pasan, se é un futuro construíndo un pasado ou viceversa. O cerebro é un sistema dentro do sistema polo que temos perspectiva creativa mentres que cando formas parte do sistema careces desa perspectiva creativa e a creación parécenos dunha perfección e dunha reciprocidade causa-efecto inexplicábel. Os seres vivos son cerebros por sí mesmos á parte do seu propio cerebro que lles permite tamén ser creativos e navegar pola elasticidade universal. O que imaxinamos non o podemos ver.

Dende un punto de vista cuántico, non tódolos futuros posíbeis teñen o mesmo grao de probabilidade, senón que uns futuros se reforzan aos outros ata acadar ou dar coa opción máis probábel. Neste senso, por exemplo, unha planta de talo leñoso ten máis probabilidades de desenvolver espiñas ca unha herba calquera, o mesmo ocorre cos cornos dunha vaca, o "suposto" "mapa" ou "patrón" do medo, do estrés ou da hostilidade "deseñou" uns cornos onde tiñan máis probabilidades de existiren, e podemos dicir, xa que logo, que tódolos futuros posíbeis votaron ou apoiaron uns cornos a ámbolos lados da cabeza.
Dende un punto de vista trascendente, a existencia non ten por que implicar materialidade ou tactilidade, a existencia é elasticidade independentemente se se orienta sensorialmente en tacto ou observación de tal xeito que cando imaxinamos algo é algo que xa existe aínda que non o podamos tocar ou observar. Polo tanto, ¿que facemos aquí? pois rebotar, desfrutar da elasticidade material e táctil, desfrutar da nosa historia, da nosa vida.

Por © Marcos Castro Vilas, arquitecto