jueves, 10 de septiembre de 2026

O santo Grial, os fundamentos xeométricos da Física





O fenómeno físico da elasticidade bebe do concepto abstracto do volume que é unha sensación ou concepto dual e recíproco e tamén sumatorio que se basea en converxer no bordo para diverxer no núcleo e viceversa (a chamada por min ciencia do volume).
Partindo, xa que logo, da premisa de que o concepto abstracto de volume ten como propiedade ser unha experiencia dual, recíproca e fractal; converxer no bordo para diverxer no núcleo, coma unha árbore ou coma un río, a realidade física explícase tamén dende esta razón de ser, dual, recíproca ou sumatoria e fractal.
Por exemplo, un electrón non é unha partícula, un electrón é unha converxencia que leva aparellada a súa diverxencia ou fluxo e é curiosamente este último o responsable das propiedades ondulatorias do propio electrón ou permite explicar cando menos de forma sinxela o máxico principio do entrelazamento cuántico ou da dualidade onda-partícula.
Tamén a natureza xeométrica e dual do volume permite unificar de forma sinxela o electromagnetismo e a forza da gravidade como soñou no seu día Albert Einstein. Ámbalas dúas forzas pódense explicar dende a xeometría como unha extrusión do concepto abstracto do volume, neste sentido toda deformación leva aparellada un desprazamento de bordo ou converxencia que, a súa vez e de xeito recíproco, leva tamén aparellada a súa diverxencia ou fluxo, responsable neste caso da forza da gravidade ou, no caso das partículas elementais, responsable da unión das mesmas, electróns con protóns e protóns con electróns, o que se vén chamando comunmente electromagnetismo. Neste sentido o desprazamento converxente de bordo dun electrón nunha especie de bucle sen fin ten por obxecto xerar fluxo ou volume abstracto nunha sorte de reciprocidade xeométrica infinita, converténdose deste xeito na forza responsable que sustenta e explica o concepto xeométrico do electromagnetismo e da dualidade onda-partícula, coma se fose un río autoconfinado. É por este motivo que o mundo do ultrapequeno, cando lle deixan, gosta de inflarse coma un globo, comportándose coma un sistema estrutural elástico ou coma un colchón que colapsa a través dunha deformada cando é observado, como se a observación fose unha carga mais inflixida a ese sistema estrutural.
Tamén cómpre subliñar que o concepto abstracto de volume aliméntase a súa vez do concepto abstracto do cero ou da nada, que é un concepto con propiedades volumétricas e fluídas e tamén cinéticas no bordo, coma unha onda do mar cando rompe na praia, e que xorden (estas propiedades) do sumar e do restar. Xa que logo, sumar e restar, converxer e diverxer, son propiedades abstractas da nada que dan sensación de volume pero que paradoxicamente non ocupan volume, mais pola contra ao seren propiedades recíprocas convértense nun sistema altamente informativo, como a fórmula matemática dun cubo ou dun poliedro. Habitamos o cero ou, se queremos, a parte converxente ou bordo cinético do sumar e do restar e que dá cero e onde cómpre unha diverxencia descomunal e inabarcábel simplemente para poder xerar un bordo cinético, ultraexcitado e converxente, ínfimo e minúsculo, que chamamos materia.
A nada, como ente abstracto e matemático, soamente atesoura propiedades ou relacións que dan sensación de volume pero que non ocupan volume, mais deste xeito sinxelo e elegante xurdiu o concreto a partir do abstracto constituíndo todo isto a famosa 'teoría do todo" ou o santo Grial da Física ou cando menos os fundamentos xeométricos da Física e tamén se queremos od fundamentos antropolóxicos da resurrección e do ben e do mal, segundo participes volumetricamente da converxencia ou da diverxencia. E o Santo Grial do escudo de Galicia apareceuse no castelo de Corbenic.



© Marcos Castro Vilas, arquitecto


No hay comentarios:

Publicar un comentario