O verbo francés "aller", de etimoloxía supostamente incerta, significa "botar a rolar", "iniciar un camiño". Atesoura no seu significado a idea de "rolar" e a idea de "inicio" ou "comezo". Neste sentido está relacionado co termo gaélico "ál", co significado de "rolada", "cría" ou "niñada".
O verbo "aller" deriva dunha antiquísima raíz céltica "ál", co significado de "botar a andar", "vontade" ou "iniciativa", tamén "agromar", "gromo" ou "ramificación". Como dixemos anteriormente "ál" é "cría" ou "niñada" ou "rolada" en irlandés, "áil" é "desexo" en irlandés, "al" é "parido" ou "parto" en bretón, "âl" é "parturition" en galés, "ala" é "ramificación" ou "fillo" en latín, e "allow" é "permitir" en inglés. Todos estes termos derivan a súa vez dunha palabra aínda máis antiga "alu", que é "vulva" ou "vaxina" en éuscaro.
Mesmo semella que a idea de "inicio" ou "rolar", sobre todo "rolar", implícita na raíz céltica "ál", está tamén presente ou vén recollida na importante semántica da palabra para designar ó deus musulmán Alá e o deus hebreo El, co significado de "vontade inicial" ou "rolar". Tamén, con este sentido, o fulión do entroido de Manzaneda festexa ou expresa o inicio da vida e o nacemento da vida coa idea iniciática de "botar a rolar".
© Marcos Castro Vilas, arquitecto

No hay comentarios:
Publicar un comentario