É unha falsidade dicir ou crer que as células nai tumorais non se dividen ou que o fan máis lentamente e que é precisamente por este motivo polo que non lles afecta a quimioterapia. Ao contrario, a quimioterapia non lles fai efecto porque estánse a dividir de xeito constante e continuado o que provoca que o seu mecanismo innato e converxente de reparación sexa case perfecto entre mitose e mitose. O que pasa é que son moi poucas e ocupan pouco espazo. Pola contra, as "células obreiras", aquelas cuxa función é aportar espazo e volume ou o que é o mesmo cinética e incitar deste xeito á división celular continuada e constante das "células nais tumorais" (infinitude converxente), son moito máis apoptóticas ou máis sensibles á apoptose, o cal quere dicir que pasan moito máis tempo á intemperie entre mitose e mitose, e o seu mecanismo de reparación é moito máis imperfecto e co paso do tempo acumulan moitos máis erros. Pódese dicir neste senso que a sensibilidade á apoptose ou o tempo de exposición á intemperie entre mitose e mitose vai "decrecendo" dende o bordo do tumor cara ó núcleo do tumor. O que pasa é que as células obreiras de bordo están en continuo movemento para aportar volume e cinética ás células nais tumorais, desgástanse moito máis, e semella que se están a dividir de forma continuada.
Deste xeito, ao engadirlle quimioterapia aumentamos ou empeoramos o proceso de degradación apoptótica, sobre todo nas células do bordo e dicimos de forma exitosa que o tumor diminuíu considerablemente de tamaño, mais o que realmente fixemos foi matar unhas células e acelerar todavía máis a cinética ou a excitación das poucas "células nai" que quedan, coma se fosen unha colmea de abellas, favorecendo metástases posteriores moito máis agresivas, cando ao que hai que aspirar é á latencia cinética ou á cohibición cinética destas "células nais" do tumor, porque o cancro é en última instancia unha cuestión cinética. A diana da terapia non debe ir dirixida ás "células obreiras", a diana da terapia ten que ir dirixida á cinética das poucas e escasas "células nais" tumorais, e tendo en conta o arsenal de futuros bioquímicos que atesouran estas células, non ten que ser unha terapia bioquímica ou xenética senón unha terapia cinética máis que bioquímica ou xenética.
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
No hay comentarios:
Publicar un comentario