É unha falsidade dicir ou crer que as células nai tumorais non se dividen ou que o fan máis lentamente e que é precisamente por este motivo polo que non lles afecta a quimioterapia. Ao contrario, a quimioterapia non lles fai efecto porque estánse a dividir de xeito constante e continuado o que provoca que o seu mecanismo innato e converxente de reparación sexa case perfecto entre mitose e mitose. O que pasa é que son moi poucas e ocupan pouco espazo. Pola contra, as "células obreiras", aquelas cuxa función é aportar espazo e volume ou o que é o mesmo cinética e incitar deste xeito á división celular continuada e constante das "células nais tumorais" (infinitude converxente), son moito máis apoptóticas ou máis sensibles á apoptose, o cal quere dicir que pasan moito máis tempo á intemperie entre mitose e mitose, e o seu mecanismo de reparación é moito máis imperfecto e co paso do tempo acumulan moitos máis erros. Pódese dicir neste senso que a sensibilidade á apoptose ou o tempo de exposición á intemperie entre mitose e mitose vai "decrecendo" dende o bordo do tumor cara ó núcleo do tumor. O que pasa é que as células obreiras de bordo están en continuo movemento para aportar volume e cinética ás células nais tumorais, desgástanse moito máis, e semella que se están a dividir de forma continuada.
Deste xeito, ao engadirlle quimioterapia aumentamos ou empeoramos o proceso de degradación apoptótica, sobre todo nas células do bordo e dicimos de forma exitosa que o tumor diminuíu considerablemente de tamaño, mais o que realmente fixemos foi matar unhas células e acelerar todavía máis a cinética ou a excitación das poucas "células nai" que quedan, coma se fosen unha colmea de abellas, favorecendo metástases posteriores moito máis agresivas, cando ao que hai que aspirar é á latencia cinética ou á cohibición cinética destas "células nais" do tumor, porque o cancro é en última instancia unha cuestión cinética. A diana da terapia non debe ir dirixida ás "células obreiras", a diana da terapia ten que ir dirixida á cinética das poucas e escasas "células nais" tumorais, e tendo en conta o arsenal de futuros bioquímicos que atesouran estas células, non ten que ser unha terapia bioquímica ou xenética senón unha terapia cinética máis que bioquímica ou xenética. As células cancerosas vólvense malignas por cambios na cinética celular ou nas propiedades físicas da matriz extracelular. Fronte á idea dominante e prevalente de que a etioloxía do cancro débese á acumulación de mutacións aberrantes froito da división celular, a verdadeira razón de ser do cancro é que partimos dunha infinitude converxente que constrúe e repara. Deste xeito, as supostas mutacións aberrantes ou azarosas acumuladas no tempo como consecuencia da división celular realmente son un acto deliberado e intencionado que xorde da vontade última de facilitar unha nova cinética celular ao servizo da infinitude converxente, primixenia e innata, e co fin de recuperar ou dar continuidade a esta mesma infinitude converxente innata.
A apóptose non é unha morte celular programada pola célula de forma innata ou conxénita, é en última instancia unha oxidación-diverxencia consecuencia dunha cinética determinada e que acaba "activando" unha finitude, polo que no cancro non existe tal evasión intencionada da suposta morte celular programada mediante a desactivación dalgún factor bioquímico, simplemente é unha nova cinética, as células adquiren unha nova cinética cunha nova taxa de oxidación onde non cómpre apoptose ou finitude.
No caso das árbores máis vellas obsérvase moi ben como o avance ou a propagación da oxidación co paso do tempo acada a tódalas partes ou pólas da árbore e rompe o equilibrio cinético inicial ou a transmisión cinética inicial entre o bordo obreiro e o núcleo irradiador de infinitude converxente e como este último finalmente actívase de novo ou máis ben segue a continuar a súa dinámica converxente mediante a proliferación de reiteracións ou de chupóns na mesma base da árbore expirante.
Do que se trata é de que a oxidación mate ás células que participan da infinitude converxente case sen que den de conta e sen ter tempo a reacciónar. Cando a oxidación non é un proceso coordinado, acompasado ou homoxéneo no tempo é moi probable que as células que participan da infinitude converxente tomen medidas ao respecto e reaccionen en consecuencia antes de que a morte as colla por sorpresa porque ás células que participan da infinitude converxente soamente as mata a morte física do ser vivo ao cal pertencen e nutren, cando non é unha morte mecánica por outro procedemento.
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
