Na vida hai que ter claro a diferenza entre percibir e coñecer pois percibir a realidade convértete nun fascista-darwinista de ideoloxía animal que pensa ou cre que a evolución baséase na súa esencia en favorecer aos máis favorecidos os cales están sometidos a unha constante e inclemente selección natural que lles amarga a vida e a súa existencia e que mesmo ten a capacidade de promocionar as supostas e máis azarosas, arbitrarias e insignificantes mutacións xenéticas, pero a realidade e a verdade é que a selección natural non é o motor da evolución.
A sucesión dos feitos ou o relato ben sendo o mesmo, mais nin os tempos nin a esencia é a mesma, cantas veces os relatos coinciden pero a realidade oculta dos feitos é moi diferente. Os animais, na súa esencia, fundamentalmente perciben pero descoñecen, e aínda así teño as miñas dúbidas da súa consciencia ó respecto, o que os converte maioritariamente en darwinistas-fascistas. Pero a evolución ten outros alicerces máis fondos que aínda que parezan semellantes en esencia non o son en absoluto e que son ámbito de estudo para a gnose, como porta de acceso ao coñecemento en profundidade. O darwinismo non deixa de ser un aditivo da vida, un mellorante da evolución, que favorece aos máis favorecidos, mais o ingrediente principal da evolución é unha cuestión de estudo que atinxe á gnose. É a loita maniquea, en bucle e sen fin, das aguias contra o compás e o motivo polo que os fascistas-darwinistas aborrecen á masonería como a ciencia que abre as portas do oculto e do hermético, da gnose e do coñecemento.
A realidade é dual e excluínte, constrúes namentres te deixan, onde unha parte mata á outra pero non ó revés, e a outra parte so lle queda defenderse no seu afán continuo por construír, mais niso reside o secreto da evolución. Digamos que somos froito ou xurdimos do choque entre a infinitude que diverxe e a infinitude que converxe, pois cando a infinitude diverxe ás veces cambia de sentido e entón a infinitude converxe e xera unha burbulla que se infla ata ser oprimida novamante pola infinitude diverxente. Xa que logo, a finitude xorde do choque ou do equilibrio entre a infinitude converxente e a infinitude diverxente. Por iso cando un tumor ou o cancro desenvolve unha fractalidade ten necesariamente que desactivar as chaves da cohibición e é nesas mutacións da beira escura da cohibición onde hai que actuar e volvelas a activar de novo para acadar unha terapia exitosa contra o cancro. Deste xeito para que un cancro se desenvolva hai que apagar as chaves da cohibición, e supoño que para que remita haberá que facer o contrario, acender as chaves da cohibición.
Vivir é esquivar e constrúes se te deixan. A este respecto existe unha personaxe mitolóxica do entroido zamorano e sardo chamada filonzana ou filandorra que, no seu papel de moura tecedora e construtora de megalitos, é unha deusa dadora de vida na súa función como tecedora do fío da vida pero tamén posúe as tesoiras que o poden cortar en calquera intre. Ben é sabido que os celtas e o celtismo máis auténtico e xenuino parte do caos como primeira estratexia organizativa, constituíndo a principal aportación da compoñente africana ao celtismo, mais a plasticidade tamén alimenta a envexa e o odio, a plasticidade hai que sabela xestionar porque da hostias como panes.
Seguindo coa cuestión, os físicos descoñecen por completo que existe unha "vontade divina e natural" da elasticidade que sempre constrúe e que favorece as partes máis resistentes da estrutura e, cando ten a opción ou se lle da a opción de manifestarse ou de expresarse en liberdade, entón, a realidade convértese nunha historia arrincada a unha nube de probabilidades ou nube de elasticidade, concepto estrano e anti-intuitivo no que se basea a mecánica cuántica, aparentemente tan difícil de entender para os mesmos físicos. Como a elasticidade pode ter vida propia sen o noso control, pregúntanse os físicos. ¿Existe ou non existe o imaxinado?, non obstante ten a capacidade de modificar o comportamento do observable pero non pertence ao observable ou medible e xeralmente traemos cara o observable o máis probable. A este respecto, ante a pregunta habitual de ¿que é a consciencia?, pois a consciencia é arrincar unha historia a unha nube de probabilidades, é traer ó máis probable á realidade e tecer ou construír deste xeito unha historia ou un fenómeno físico observable. Neste senso, o método de Cross, ou contas da vella para o cálculo de estruturas, baséase en xerar constantemente futuros que obrigan a reorganizar os esforzos que os orixinaron nun primeiro momento, nunha especie de "toma e daca" converxente ata acadar un estado final ou límite de equilibrio. Mesmo semella que existe un certo paralelismo entre o fenómeno da observación na mecánica cuántica e o feito de colocar unha carga puntual nunha estrutura, pois ó final de contas trátase de arrincar unha historia converxente a unha nube de elasticidade. Medir ou observar é poñer unha coacción, é poñer unha carga. Moitos biólogos mesmo cren ver a Deus cando observan por exemplo traballar a un ribosoma ou cando observan a un fagocito perseguir a unha bacteria, mais eu simplemente vexo a "vontade divina" da elasticidade que sempre constrúe e que evolucionou de tal xeito que só sabe construír ou relacionarse desa maneira.
A flor da pentalfa ou pentagrama pitagórico representa a construción na natureza baseada na proporción áurea, onde a relación da parte e a mesma que a relación do todo, nunha sorte de reiteración continua ou fractalidade.
© Marcos Castro Vilas, arquitecto