As enzimas son estruturas proteicas que mediante os seus enlaces xeométricos e específicos modifican o fluxo electromagnético que une ás biomoléculas e separa ás mesmas biomoléculas en dous produtos diferentes.
Partindo da premisa de que os virus xurdiron ou evolucionaron a partir do mecanismo de deseño das enzimas a través da ruta inversa Proteína>ARN>ADN, no proceso xeométrico de fabricación dunha enzima existen alomenos dúas fases de aproximación xeométrica ou formal que acaban acumulando pequenas porcións de ARN. Nunha primeira fase ou aproximación temos unha molécula de ARN asociada a unha proteína que nos dará unha primeira xeometría ou unha solución formal máis lixeira ou simple e co tempo acabará evolucionando na envolvente vírica. Nunha segunda aproximación ou refinamento esa proteína inicial esmigállase ou divídese en partes moito máis miúdas, que interaccionan co ARN (a súa diverxencia), para buscar unha maior adaptabilidade xeométrica e xerar novo ARN que se engade ou se une ao ARN da proteína inicial. Co tempo esta segunda fase, que nas enzimas simplemente busca un mellor acople ou axuste cos sustratos, acabará evolucionando cara as espículas dos virus. E así sucesivamente e de xeito converxente vaise construíndo un bordo xeométricamente perfecto coma nunha pirámide.
Deste xeito, os virus xurdiron a partir do mecanismo de fabricación das enzimas nun proceso que se nos antolla aproximativo, acumulativo e reiterativo mediante a rotura de proteínas e a xeración de ARN. A vida dos virus consiste, xa que logo, nun continuo desfacerse e refacerse, un proceso persé de natureza acumulativa e de perfeccionamento xeométrico e funcional, que se incrementa canto maior sexa o número de ensamblaxes e desensamblaxes. A vida dun virus é a vida dunha enzima. De feito a técnica CRISPR basease nos anteriores conceptos. As bacterias consideran aos virus invasores como enzimas e converten o seu propio mecanismo de xénese e perfeccionamento das enzimas, mediante a rotura e incorporación de pequenos fragmentos de ARN, nunha poderosa arma inmunitaria. CRISPR non é un mecanismo de defensa das bacterias, é un mecanismo de edición de enzimas reciclado nun mecanismo de defensa vírico. Curiosamente o mecanismo CRISPR fundaméntase ou baséase na reversibilidade bioquímica.
Tamén cómpre sinalar a estreita relación entre o ARN con función catalítica e os pequenos péptidos que se lle unen e que lle outorgan o armazón a unha molécula, o ARN, moi inestábel. Desta sinxela relación estructural xurdiría co paso do tempo a famosa e complexa maquinaria de transcrición ribosómica.
A xénese dos ribosomas parte dunha evolución endóxena ou deconstrutiva, onde a relación entre aminoácido e ARN xa estaba establecida. Moitas veces intentamos buscarlle unha explicación ás cousas dende un punto de vista esóxeno o que nos obriga de forma frustrante a buscar metas ou porques alleos, lonxanos e distantes, mais a verdade é que non se pode entender o ARN sen a súa coevolución parella no tempo coas proteínas, polo que hai que falar do mundo ARN-proteínas.
© Marcos Castro Vilas, arquitecto