miércoles, 20 de noviembre de 2024

Cara a unha nova glaciación

 
 
 
Partindo da premisa, climatoloxicamente falando, de que o casquete polar nos protexe do frío do espazo exterior e de que a Terra pola súa posición con respecto ao sol é tendente de por si a un clima moito máis cálido e temperado que o actual, o cal nos insire de forma irremediábel nunha dinámica que conduce ao derretemento do polo Ártico para converter o océano Atlántico nunha auténtica maquinaria convectiva de absorción de frío do espazo exterior para inxectalo por convección oceánica ao resto do planeta, alterando dese modo tódalas variables climatolóxicas nun patrón exacerbado e pendular de frío-calor que nos levará en última instancia cara a unha nova glaciación que xere un novo casquete polar de dimensións semellantes a Antártida para que se estabilice novamente o clima. Pero iso será dentro de miles de anos.
A orixe das glaciacións reside polo tanto na alternancia de dous factores e non tanto nunha desviación do eixo magnético da Terra. Por un lado a tendencia da propia Terra a quencerse pois a súa temperatura normal é máis elevada da actual e por outro lado unha cuestión xeométrica ou de disposición dos océanos e dos continentes como é a existencia dun océano no polo norte que intesifica ou acusa a convección de frío do espazo exterior.
E aínda que poidese parecer que ao derreter o polo Ártico co quecemento global estamos a facilitar a entrada de frío e así dese modo reverter os valores climatolóxicos normais e incluso restablecer o tamaño do devandito casquete polar, o que estamos a facer realmente, nun entorno desenfreado e atoleirado de quecemento global, é aumentar aínda máis a superficie total de xeo que se derrete cada ano nunha especie de dinámica pendular increscente que a longo prazo empeora o comportamento bipolar do clima, rompendo a súa delicada estabilidade e empurrándonos cara a unha nova e inevitábel glaciación como consecuencia de exacerbar o devandito comportamento pendular do clima na Terra.
A Terra, pola súa posición respecto ao sol, tende ao sobrequecemento. No tamaño preciso da superficie dos casquetes polares así como na precisa superficie de derretemento anual do xeo Ártico reside a estabilidade do clima do que gozou a Terra ata os nosos días e que freaba ou estabilizaba o sobrequecemento natural e intrínseco que sempre conduce cara unha nova glaciación. Un tamaño determinado do casquete polar e da superficie de desxeo transformaba a dinámica pendular do noso clima nunha leve oscilación controlada, constante e estable no tempo. Agora hai que esperar a unha nova glaciación coa súa consecuente remisión para xerar un casquete polar de dimensións axeitadas para proporcionar novamente estabilidade ao clima da Terra.
Entre os fenómenos climatolóxicos imprevesíbeis como consecuencia de avivar un patrón convectivo que inxecta frío do espazo exterior nun entorno simultaneo de quecemento global están as primaveras cada vez máis agresivas e frías por mor dun desxeo brusco e rápido no tempo que provoca unha inxección maior de frío que colide ao mesmo tempo coa dinámica de quentamento global que fomenta, pola contra, primaveras máis cálidas e máis húmidas e máis tropicais. O mesmo ocorre ao final do verán onde o calor excesivo do verán, acumulado nos mares e nos océanos, colide coa entrada brusca e temperá de frío que se produce a través do polo Ártico pola ausencia da outrora protectora capa de xeo do casquete polar sobre todo nos meses de setembro, outubro e novembro. Isto tradúcese en agresivos furacáns no oceáno Atlántico durante o mes de outubro e tamén en extremas "gotas frías ou danas" no Mediterráneo durante o mes de outubro con temperaturas en altura de -70 °C.
 
 
Desxeo máis agresivo na primavera

 
Dana no Mediterráneo no mes de outubro




A ausencia de casquete polar no final de verán e no outono intensifica o efecto embude dos polos respecto ao espazo exterior, favorecendo a aparición de auroras boreais de maior intensidade e en latitudes moito máis meridionais. Todo iso responde a deformación e a destrución do casquete polar. Ao noso planeta cústalle cada vez máis xerar banquisa polar no inverno o que se traduce en gráficas de xeo ártico cada vez máis romas ou horizontais con respecto ao tempo. Ese frío absórbeo o mar e o océano e nun proceso convectivo exténdeo pola Terra. Esta incorporación convectiva e agresiva de frío tradúcese durante o inverno en fenómenos tamén extremos como a borrasca "Filomena" onde se produce unha rotura do vórtice polar pola debilidade do casquete polar e unha vaga de aire frío despréndese dos polos e choca coas masas húmidas e tropicais de latitudes cada vez máis septentrionais.
 

Desprazamento á dereita do xeo ártico. Filomena 2021



Desprazamento á dereita do xeo Ártico. Inverno 2025



© Marcos Castro Vilas, arquitecto